CEIP NOVO MESOIRO

lunes, 30 de noviembre de 2020

REFRÁNS EQUIPO EDLG

 

Estimadas familias, durante este mes de decembro imos traballar os refráns . Por iso, pedímosvos a vosa colaboración para que os vosos fill@s compartan con todos nós refráns típicos desta época. Con todos eles elaboraremos un refraneiro que subiremos á web do colexio e así o poidades consultar cando queirades.

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración

miércoles, 25 de noviembre de 2020

martes, 24 de noviembre de 2020

VÍDEO CONTO MARUXA

 


25 N: NON VIOLENCIA DE XÉNERO

Espero que vos guste a historia!

AVISOS

 Estimadas familias:

O alumnado de quinto e sexto de Educación Infantil o próximo xoves 26 de Novembro, vai a recibir unha visita da Policía Local do concello de A Coruña.

Levarán a cabo co alumnado unha charla relacionada coa educación viaria, e se as condicións atmosféricas o permiten, realizarán unha saída pola rúa para poder familiarizarse co paso de peóns, sinais de tráfico...

A saída e a exposición realizarase nos grupos burbulla propios de cada nivel educativo, garantido a seguridade e protección do alumnad


Un cordial saúdo,

O Equipo de ciclo de Educación Infantil




domingo, 22 de noviembre de 2020

ENQUISA EDLG

 Boa noite familias, comparto unha enquisa que realiza o EQUIPO DE DINAMIZACION DA LINGUA GALEGA, para coñecer algúns aspectos relacionados coas linguas no ámbito familiar. 

Podedes acceder a enquisa no seguinte enlace:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScGpqvtGpV8igfijCJ6_EcvXyNShnfbSzE8I8b5Z73gSVlecA/viewform?usp=sf_link





sábado, 21 de noviembre de 2020

20 DE NOVEMBRO

 

DEREITOS DA INFANCIA































LIBRO DOS DEREITOS


Recibimos máis dereitos para elaborar o noso libro que pasará a formar parte da nosa biblioteca de Aula, un libro no que se recollen os distintos dereitos e que os nenos e as nenas estiveron explicando os compañeiros e compañeiras, así:

                                                  AROA explicounos o dereito a ter unha identidade



ao igual que ANTÍA


LETIZIA falounos da importancia da familia



ANXO explicounos o dereito a educación e todas as cousas que podemos facer na escola, pero tamén aproveitou para contarnos que habia nenos e nenas que tiñan que facer moitos quilómetros para poder chegar a escola dos seus países. 




ISABEL aproveitou o dereito da AUGA para contarnos para que a empregamos. 




ALICIA elaborou xunta a súa familia o dereito a vida. Aproveitamos para coñecer ao seu irmán nunha fotografía. 



XES tamén nos contou que debuxou a o seu irmán, mami e papi, xa que son a súa familia



JUAN contounos que cando estamos maliños, temos o dereito de ir o médico. Dixo que para facer o seu debuxo o seu irmán axudoulle moito. 




NOA, tamén nos falou do dereito a ter AUGA e tamén nos dixo que é moi importante para os animaliños. 



RODRIGO espuxo o dereito a SER PROTEXIDOS e puxo con pegatinas a data 20 de novembro