CEIP NOVO MESOIRO

jueves, 28 de abril de 2022

PERFUME LAVANDA

 Coñecemos a LAVANDA

Os nenos e nenas comentaron que nun sitio próximo o cole atopábamos esta planta. Coñecimos as súas propiedades e os seus beneficios.







Secuenciamos como facer perfume de LAVANDA e buscamos os ingredientes que precisamos.

 
Puxémonos mans a obra. Aquí podedes ver como o fixemos
 






Agora toca que esperemos dez dias

DÍIA DO LIBRO E EXCURSIÓN

 

O venres pasado visitamos a biblioteca FORUM.

Días anteriores coñecimos a mascota OLE, falamos da importancia dos libros e de todo aquelo que nos poden ofrecer












Na biblioteca coñecimos varias historias, tipos de libros, como estaban catalogados e que facer para poder anotarnos e ser socios. 









Nesta mesma semana viñeron a visitarnos os nenos de cuarto de primaria. 

Podedes ver as actividades no blogue de bibliomesoiriño


TRABALLAMOS A LÓXICA MATEMÁTICA

 Traballamos a simetría partindo dun deseño dun compañeiro.

Imaxinamos o que é.... creamos e deseñamos





Coas regletas fixemos operacións sinxelas. 

Comprobamos como descompoñer o número catro e o número cinco.


Traballamos co xogo do TANGRAM

Reto de dificultade. Cantas figuras facemos?

Moi importante manter a concentración










Aprender manipulando e traballando a competencia matemática

martes, 19 de abril de 2022

PROVOCACIÓN APRENDIZAXE

QUE É ISTO?

Unha provocación de aprendizaxe. 

 

QUE TRABALLAMOS?

Potenciar a creatividade, xa que son os nenos e nenas os que deciden o que facer e como facelo. 

Explorar, coller, lanzar, crear....

Favorecer a aprendizaxe por descubrimento. 

Estimular os sentidos....