CEIP NOVO MESOIRO

miércoles, 27 de enero de 2021

MALALA

 Seguimos traballando conceptos de PAZ . 

Mirade os nosos retratos de MALALA







Tamén bailamos e cantamos a canción UNHA RECETA DE PAZ







XOGANDO: CONCENTRADOS

 Hoxe tivemos tempo para realizar unhas actividades moi divertidas e que requiren de concentración. 


Aproveitamos para facer uns quebracabezas na PDI:





Pero tamén traballamos o equilibrio e a psicomotricidade fina coas pedras máxicas


Primeiro o fixemos na asamblea. Comparamos tamaños, vimos as cores, e fixemos series




O máximo que logramos foron 5, ata que tras moitos intentos chegamos a 8









Reproducimos a actividade en pequenos grupos




















VERBAS GALEGAS XANEIRO

 

Estas son as verbas que chegaron a nosa aula no MES DE XANEIRO 


Letizia: ENTROIDO


ROI contounos que un LARPEIRO é unha persoa que come moito. Creo que na nosa clase nos gustan moito os doces e tamén somos un pouco larpeiros. 


JHEYKOF contounos que os CASTELOS son un lugar onde viven soldados. Tamén falamos dos reis e reinas así como os antigos cabaleiros. 


IRIA trouxo a verba CARBALLO


CARLA debuxou un AUGAMAR, imaxinamos como sería ser unha medusa. 


ANXO falounos do VERÁN e o ESTÍO. 


AROA fixo que todos puxéramos un SORRISO 


ALBA contounos como preparou o seu antifaz de ENTROIDO 


E LENA falounos do moito que lle gusta o PATINAXE



Pero non foi o único que chegou a nosa clase, ANXO decidiu elaborar a PIMPÓN, que o colocamos na asamblea








domingo, 24 de enero de 2021

Símbolo da Paz


QUEREDES COÑECER O SÍMBOLO DA PAZ? 




 





TIRITAS


Moito se fala ultumamente das vacinas. No noso cole nesta ocasión decimos elaborar unhas tiritas con verbas fermosas de paz. Para así conmemoraro o Día da Paz e da Non Violencia. 


Apareceron verbas ben bonitiñas que os nenos escribiron coa axuda da profe a medida que traballábamos a discriminación fonética:

AMOR, AGARIMO, CALMA, APERTA, XUNTOS....
Foron algunha das elixidas. 
















LÓXICA-MATEMÁTICA

Seguimos traballando aspectos de lóxica-matemática. 

Nesta ocasión clasificamos cantidades: 1,2,3,4,5
Fixems agrupacións de cor vermella, amarela, verde e azul



Coñecimos ao SIGNO + 

E descubrimos que é o encargado de sumar. Iniciámonos en sumas sinxelas







E comezamos a traballar co ábaco para comparar cantidades e traballar tamén asociación de número cantidade. 


Aproveitamos o traballo cooperativo e coolaborativo para escribir nas nosas pizarras a serie numérica.