CEIP NOVO MESOIRO

miércoles, 24 de febrero de 2021

24 F: DÍA DE ROSALIA

Hoxe no noso calendario tiñamos marcada unha data moi especial:
24 DE FEBREIRO
DÍA DE ROSALIA DE CASTRO 

Aproveitamos para lembrar os seus poemas e ver e coñecer un pouco máis sobre a súa vida



Escoitamos NEGRA SOMBRA, entendendo a tristeza de Rosalía


Seguimos aprendendo o poema 



E acudimos a exposición do noso cole sobre Rosalía de Castro. 
Aproveitamos para visualizar o libro que fixemos entre todo o cole sobre a súa vida. Podedes acceder no seguinte enlace:





Contamos a súa historia, vida e obra. 
Falamos do seu amor libre de corazón e pensamento. Da importancia do noso idioma. 



Porén non foi todo, como queremos que a mensaxe de Rosalia chegue moi lonxe fixemos AVIÓNS DE PAPEIS
Para enviar a mensaxe e que TODOS/AS coñezan a nosa representante galega por excelencia





O momento máis divertido foi a nosa carreira de avións, aída que o vento non permitise que voases demasiado ben. 











GRAZAS ROSALIA,


BLOQUES LÓXICOS

 Seguimos traballando o pensamento lóxico-matemático. 

Facemos preguntas, reflexionamos, pensamos.... 

Obtemos conclusións... Os nenos e nenas foron capaces de establecer que os bloques lóxicos diferenciábanse na súa forma, cor, tamaño e ( delgaduchi o no), polo tanto tamén no seu grosos. 

Separamos, clasificamos e seriamos


Fixar as diferencias


Clasificar por formas


Clasificar por cores


Clasificación por tamaños





Está claro que xogando, manipulando é como máis nos gusta aprender!

viernes, 19 de febrero de 2021

ROSALIA PEQUENIÑA

  O vindeiro 24 de Febreiro conmemórase o día de ROSALIA DE CASTRO

Foi por iso que marcamos no noso calendario esta data tan especial:


Pero....

QUEN FOI ROSALIA DE CASTRO? 

Descubrimos que Rosalia de Castro foi unha poetisa galega, aprendimos cousiñas da súa vida e escoitamos esta canción que dí:

ROSALIA PEQUENIÑA MEDIO MEIGA MEDIO FADA
A PEQUENA ROSALIA ESCRIBÍA NA NOSA FALA



Escribimos o seu nome con tapóns e fixemos un retrato tomando unha foto como referenza. Están feitos todos/as uns artistas.


Aproveitamos tamén que dende o EQUIPO DE BIBLIOTECA entre todo o cole imos crear un LIBRO SOBRE ROSALIA, nesta ocasións somos os encargados de falar sobre o NACEMENTO:




Queredes ver como nos quedou?



Isto non é todo... Estamos aprendendo un pouquiño do poema ADIOS RIOS

Adiós ríos, adiós fontes adiós, regatos pequenos; adiós, vista dos meus ollos, non sei cándo nos veremos. 



Espero que vos conten moitas cousiñas da nosa referente galega por excelencia: ROSALÍA DE CASTRO


APRENDER XOGANDO

Facemos seriacións seguindo o modelo:

Por cores, por animais...









Poñemos as pinzas que nos manda o ourizo traballando asociación de número cantidade









Clasificamos pompóns nas tarxetas de inverno





Seguimos camiños cunha pinza e pedriñas de core, traballando así a psicomotricidade fina, aspecto moi importante.








Tamén escribimos os nomes dos noso compañeiros/as no libro dos nomes, e posteriormente os escribimos con tapóns, traballando así o proceso de lectoescritura


Seguimos a serie numérica con tapóns


CANTAS COUSIÑAS TRABALLAMOS A PARTIR DO XOGO!



miércoles, 17 de febrero de 2021

ENTROIDO

 No cole de Mesoiro foi tempo de Entroido e a pasada semana estivemos traballando sobre isto. 

Aprendimos vocabulario típico e fixemos un xogo de memoria visual


Aproveitamos tamén para debuxae e traballar o proceso de lectoescritura



Visitamos ao MECO e seguimos as súas ordes


Preparamos as nosas coroas para o noso disfraz




Tamén preparamos o noso antiface e gorro de bufón, aproveitando a ser creativos





E O VENRES APROVEITAMOS PARA FACER UNHA GRAN FESTA E UN DESFILE



Que disfraces tan bonitos!





























Aproveitamos apra ver o desfile dos nenos de 3 e 5 anos. Cocoricos, gatos pelados e avos e avoas!







Desfilamos coa canción:



E despois fixemos unha gran festa na nosa zona de patio 

















Pero isto non foi todo.... Despois tocou MERENDAS DELICIOSAS DE ENTROIDO