CEIP NOVO MESOIRO

viernes, 19 de febrero de 2021

ROSALIA PEQUENIÑA

  O vindeiro 24 de Febreiro conmemórase o día de ROSALIA DE CASTRO

Foi por iso que marcamos no noso calendario esta data tan especial:


Pero....

QUEN FOI ROSALIA DE CASTRO? 

Descubrimos que Rosalia de Castro foi unha poetisa galega, aprendimos cousiñas da súa vida e escoitamos esta canción que dí:

ROSALIA PEQUENIÑA MEDIO MEIGA MEDIO FADA
A PEQUENA ROSALIA ESCRIBÍA NA NOSA FALA



Escribimos o seu nome con tapóns e fixemos un retrato tomando unha foto como referenza. Están feitos todos/as uns artistas.


Aproveitamos tamén que dende o EQUIPO DE BIBLIOTECA entre todo o cole imos crear un LIBRO SOBRE ROSALIA, nesta ocasións somos os encargados de falar sobre o NACEMENTO:




Queredes ver como nos quedou?



Isto non é todo... Estamos aprendendo un pouquiño do poema ADIOS RIOS

Adiós ríos, adiós fontes adiós, regatos pequenos; adiós, vista dos meus ollos, non sei cándo nos veremos. 



Espero que vos conten moitas cousiñas da nosa referente galega por excelencia: ROSALÍA DE CASTRO


No hay comentarios:

Publicar un comentario