CEIP NOVO MESOIRO

lunes, 28 de septiembre de 2020

RECANTO DE OUTONO

Chega o Outono a nosa clase.
Aproveitamos para traballar sobre os froitos, as características do Outono, cancións...

                          Que vos parece?



domingo, 27 de septiembre de 2020

PROPOSTAS LÓXICA MATEMÁTICA

Nos grupos de mesa aproveitamos para traballar a competencia matemática.
Damos unha proposta a partir dos materias e facemos actividades como:
- Diferenciar entre Pompóns grandes e pequenos.
- Diferenciar entre Botóns grandes e pequenos.
- Contamos ata cinco.
- Facemos series e clasificacións.
- Aproveitamos para imitar modelos.


miércoles, 23 de septiembre de 2020

AVISOS

 Boa noite!

Ante todo, desculpade, cando enviei a lista de material esquecín pedirvos pintura de témpera

Mañá enviarei unha nota a cada neno/a e a cor que lle corresponde. Adxunto imaxe para que o teñades claro: é o bote de 500ml. 





* LEMBRADE TRAER AS AUTORIZACIÓNS QUE ENTREGUEI AO PRINCIPIO DE CURSO*


EN MI CARA REDONDITA

Aproveitando que coñecimos a ARCIMBOLDO e a súa obra de Outono, aproveitamos para traballar sobre as partes do noso rostros.

Cantamos a seguinte canción:



A continuación seguimos empregando os nosos materiais:
Recortamos e pegamos:
- O noso rostro
- Os ollos
- O nariz
- A boca
- As orellas








MIRADE QUE CARIÑAS!


Mañá veredes o resultado final 

:) 

ARCIMBOLDO E O OUTONO

Hoxe e despois da asamblea, seguimos traballando sobre o Outono. 
Chegou a nosa aula un cadro un pouco "especial". 
Primeiro falamos do que era e moitos pensaron que era un paxariño!
Despois descubrimos que era un rostro no que os seus ollos, nariz, orellas.... eran froitos. 

PERO QUE TIPO DE FROITOS?

FROITOS DE OUTONO

Así foi como descubrimos: cabazas, uvas, cogomelos, figos, castañas....
Pero tamén descubrimos ao seu autor que foi un pintor chamado:

ARCIMBOLDO




Aproveitamos para traballar sobre as cores típicas desta época do ano e clasificar posteriormente, froitos e o que obtemos dos mesmos. 
Así ampliamos o noso vocabulario coñecendo os manxares do outono. 


martes, 22 de septiembre de 2020

AVISOS

 Boa tarde! 

Comentar o seguinte:

- Sodes moitos/as os que me preguntades polos tuppers de IKEA. Sei que están agotados. Podemos esperar! Teño organizado o material de cada neno/a. E cando cheguen xa o gardamos. 

- Se non queredes esperar, procurade traer un de tamaño similar (para que entre nos casilleiros.

- Os libros de lectura cando poidades. Van chegando e non temos prisa!

- Calquera dúbida que teñades tedes o meu correo electónico. 


Un saúdo,

A profe Silvia


OUTONO CHEGOU

 OUTONO CHEGOU, MARRÓN E AMARELO

OUTONO CHEGOU, MOITAS FOLLAS NOS DEIXOU


Chegou o OUTONO. É por iso na nosa aula non podía ser menos!

Cales son as cores típicas do outono?

Que froitos atopamos?

A quen lle gustan as castañas?

TEMOS TANTAS DÚBIDAS POR RESOLVER!!

Pero de momento empezamos a traballar nas follas. 

MIRADE CANTO TRABALLO: Pintar, picar... Que bonitas!








Ademais aproveitamos para aprender novas cancións de outono!





SEGUIMOS TRABALLANDO NO NOSO NOME


Nesta ocasión completamos o noso nome con GOMETS!









 

viernes, 18 de septiembre de 2020

Venres de moito traballo

Hoxe foi un día moi especial.
Despois de observar cambios na nosa aula e facer a asamblea, collimos tres pedras máxicas e pedimos un desexo.
Moitos nenos e nenas desexaban poder ver un arco da vella.

A continuación fixemos Unha actividade de motivación movendo e bailando con todo o corpo.
Aproveitamos o día de hoxe para pintar os debuxos que imos a empregar para facer os nosos manteis. Cada un elexiu o que quixo.

Tamén tivemos un ratiño de xogo nos recantos da nosa aula e nos equipos de mesa correspondentes.

jueves, 17 de septiembre de 2020

Caracol col col


Con plastilina facemos caracois e as letriñas do noso nome!

Puntillismo

Mirade que obra de arte fixemos cos nosos dedos e pintura verde!


Moito disfrutaron e moito lles gusta manchar as súas mans. Parecían o increíble HULK. 




miércoles, 16 de septiembre de 2020

AVISOS

 - Hoxe quería enviar o calendario de merendas, por falta de tempo NON foi posible. Enviareino mañá nunha cartolina e plastificado

LEMBRADE que o podedes adaptar ao voso gusto. O iogur pode ser bebible. é unha recomendación.

A froita é mellor que veña en troziños. 

- As fotos que estou subindo ao blogue non aparecen as caras dos nenos e das nenas. Mandarei proximamente unha autorización por si queredes que aparezan. 

-  O mandilón ten que vir na mochila. Son eles e elas os que o poñen e o quitan. Temos que desenvolver a súa autonomía. 

- Sei que moitos nenos e nenas da clase botan de menos xoguetes no patio e na aula. Na aula xogan en equipos e cada día nun rincón que despois é desinfectado. Por favor, entre tod@s estaría ben que lles falemos da situación que nos toca vivir. Así será mais doado. 


Grazas :) 


O NOME PROPIO

 Un dos contidos sobre os que imos a empezar a traballar neste mes é sobre o NOME PROPIO. 

Aproveitaremos tamén para recoñecer o nome dos nosos/as compañeiros/as e así seguir avanzando no proceso da lecto-escritura. 

Hoxe fixemos unha actividade sinxela, pintamos os nosos nomes do color do noso equipo. 






A FORMIGUIÑA

 

Na nosa aula onte e hoxe tivemos unha visita moi especial!
A FORMIGUIÑA!!!!




Con ela chega o momento de baile e desconexión!



martes, 15 de septiembre de 2020

CALENDARIO MERENDAS E PSICOMOTRICIDADE

 Mañá os nenos e as nenas levarán o CALENDARIO DE MERENDAS e día de . PSICOMOTRICIDADE




ASAMBLEA

 Un dos espazos más importantes da nosa aula é a ASAMBLEA




A partir de hoxe contaremos cun ENCARGADO que pasará lista, mirara o tempo, revisará o calendario.... entre moitas outras tarefas. 

Na asamblea falamos de como nos sentimos, dos nosos gustos e inquedanzas. Tamén cada día lembramos as normas que rixen a vida da nosa aula. 

Espero que vos contasen que na nosa aula temos catro equipos:

EQUIPO VIOLETA

EQUIPO ROSA

EQUIPO VERDE

EQUIPO AZUL

Cada día na asamblea aproveitaremos para decidir a zona de xogo de cada equipo. Iremos compartindo fotografías dos espazos. 

É o noso espazo para contar contos xunto coa canción máxica: 



POIS IMOS CONTAR UN CONTO, UN CONTO MOI ESPECIAL!

Proximamente coñeceremos a Pitiña Carlota e os seus ovos máxicos para poñer nome aos días da semana. Pouco a pouco...

domingo, 13 de septiembre de 2020

AVISOS

 Boas noites, como xa sabedes o pasado Xoves e Venres tocou voltar ao cole!

Quería recordarvos o seguinte:

- É IMPORTANTE QUE OS NENOS E NENAS NON TRAÍAN POSTO O MANDILÓN. O poñemos e sacamos na aula. Ao día seguinte ten que vir desinfectado. 

- ENVIAREI O LUNS 14 unha NOTA pedíndovos que merquedes un conto. Un conto distinto a cada un de vós, para así crear A NOSA BIBLIOTECA DE AULA. Xa que como ben sabedes, pola peculiaridade do curso non acudiremos a biblioteca do centro de xeisto sistemático. Aínda así poderemos coñecer moitos máis contos. 

- Ao longo da semana desexo compartir con vós as actividades que imos facendo, así como fotografías dos nosos primeiros traballiños e espazos da nosa aula. 


TOCA VOLTAR A RUTINA!

Espero que todos/as nos sintamos moi a gusto! 

jueves, 10 de septiembre de 2020

BENVIDOS E BENVIDAS!

 Hoxe foi un día cheo de ilusión!

As portas do C.E.I.P de Novo Mesoiro abriron por primeira vez! E nós formamos parte desta gran aventura. 

Como levamos moito tempo sin vir ao cole, as veces botamos de menos as nosas familias, polo que hoxe decidimos empezar o noso día creando unha pulseira máxica: A PULSEIRA DOS BICOS