Despois de observar cambios na nosa aula e facer a asamblea, collimos tres pedras máxicas e pedimos un desexo.
Moitos nenos e nenas desexaban poder ver un arco da vella.
A continuación fixemos Unha actividade de motivación movendo e bailando con todo o corpo.
Aproveitamos o día de hoxe para pintar os debuxos que imos a empregar para facer os nosos manteis. Cada un elexiu o que quixo.
Tamén tivemos un ratiño de xogo nos recantos da nosa aula e nos equipos de mesa correspondentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario