CEIP NOVO MESOIRO

martes, 25 de mayo de 2021

SAÍDA BELELLE

Onte chegamos a escola con moitas ganas e ilusión. 
Puxemos as pulseiras da cor do noso equipo: rosa ou verde para repartirnos na granxa. 


Preparamos as nosas mochilas e collimos o autobús. 
No autobús tivemos que poñer a mascarilla, o cinturón e ir ben sentadiños. 

O pasamos moi ben no autobús e o mellor de todo foi cando pasábamos por debaixo dun túnel. 










Cando chegamos a granxa tivemos que subir unha costiña camiñando. 
Estábamos ansionsos e ansiosas por chegar. 
Aínda que a algúns non nos gustou a idea de camiñar un pouquiño. 






Polo camiño observamos a vexetación, a auga, collimos menta.... 










e vimos dous gatiños. 


Cando chegamos a granxa o primeiro que fixemos foi ir a deixar as nosas mochilas e chaquetas.




A continuación merendamos





Despois repartímonos en distintos talleres

Fixemos uns ricos boliños de pan 









Coidamos aos animais da granxa



Visitamos aos coellos 








aos ponis, cabalos e burros, galos, galiñas e pavo real... 





Coñecimos ao dromedario e escoitamos o seu sonido. 
Parecía un monstruo!!!






Aproveitamos tamén para rastrillar e plantar. Vimos miñocas






Pero isto non foi todo.... Montamos en ponis. 
Mirade que xinetes e amazonas!



















Despois comprobamos como estaba o pan...




E comimos moi rico








Aproveiamos para xogar 





A volta collimos de novo o autobús




Foi un gan día e unha fermosa experiencia. 
Espero que vos guste tanto como a nós!