CEIP NOVO MESOIRO

lunes, 14 de junio de 2021

NOVOS DESCUBRIMENTOS

 Seguimos traballando no noso proxecto. 

Nesta ocasión investigamos sobre:

VENUS ATRAPAMOSCAS e NENÚFARES XIGANTES

Descubrimos que as venus atrapamoscas son unhas plantas carnívoras e que comen moscas, arañas... e formigas que son o seu alimento favorito. 

Non precisa ser replantada e florece cada ano. 

Observamos o vídeo para ver como atrapaban as plantas aos insectos.


Fixemos unha actividade na que contamos cantos insectos comeu.


A día de hoxe é a planta favorita de moitos dos nenos e nenas da nosa aula. 

Tamén traballamos sobre os nenúfares. 
Descubrimos que as súas flores teñen un tamaño como unha pelota de fútbol e que as follas poden superar os dous metros.  Para ver o grande que poden ser collimos un metro e medimos:


A flor dos nenúfares cambia de cor, xa que pola noite é rosa e polo día blanca. Ademais as súas follas están cheas de bolsiñas de aire, por iso mesmo utilizamos para pintar papel burbulla. 






CAL SERÁ A NOSA SEGUINTE INVESTIGACIÓN?







SEMANA CULTURAL

 Comparto o vídeo que elaboraron os nenos e nenas do CEIP Novo Mesoiro na semana cultural co profe Fran. Na nosa aula participaron Alba e Anxo.

Desexo que vos guste




CONCERTO UXIA LAMBONA E A BANDA MOLONA

Para o concerto de Uxía preparamos entre todos e todas unha pancarta para darlle a benvida. 
Escoitamos e bailamos as súas cancións para así coñecelas no concerto. 



Escibimos:
UXIA LAMBONA E A BANDA MOLONA
QUE VIVA A MÚSICA



Pintamos a MUXIA 





Este foi o resultado final



Esperamos ansiosos e ansiosas que chegara a banda para cantar as súas cancións








Por fin coñecimos a Muxía







CANTO BAILAMOS!!





E tivemos a sorte de scar  unha fotiño con Uxía!



QUE GRAN DÍA!
Queredes escoitala?










 

martes, 8 de junio de 2021

PARABÉNS AROA

 Hoxe celebramos o aniversario de AROA

Fixemos a súa coroa


Soplamos a vela do número 5






E como non podía ser menos.... FIXEMOS UNHA GRAN FESTA!





PARABÉNS AROA!






O POLEN

 Continuamos a nosa investigación sobre as flores. 

Nesta ocasión chegou a nosa aula un bote con POLEN. 

Descubrimos que o polen é o polvo finiño que producen as plantas, que se atopa no aire e é transportado polo vento. O vento o leva a outras plantas e así formar semillas

Ulimos o polen o manipulamos e establecimos o camiño que fai











lunes, 7 de junio de 2021

Parabens Rodrigo

O pasado 9 de maio celebramos o aniversario de RODRIGO

Fixemos a súa coroa cun dinosaurio



Aproveitamos a poñer a vela do número 5 cantar a canción e facer unha gran festa





Os seus compañeiros elaboraron un libro de debuxos!

QUE SEXAS MOI FELIZ RODRI!

TRABALLAMOS O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 O pasado venres 4 de xuño celebramos no noso cole o Día Mundial do Medio Ambiente, aínda que a conmemroación oficial é o día 5. 


Aproveitamos para ver unha curtametraxe, escoitar unha canción, e falar do importante que é coidar o noso medio. 

Tamén fixemos un debuxo coolaborativo onde escribimos as cousas que queremos DENTRO da Terra e as que non. 













Mirade o noso debuxo:



Despois saímos a pintar o planeta terra que fixeron os nenos e nenas de cuarto de primaria. Axudámoslles e pintamos o POLO NORTE. Foi o momento no que descubrimos que por culpa da contaminación os polos estanse a derreter. 







LEMBRADE!
É moi importante coidar o planeta!