CEIP NOVO MESOIRO

lunes, 14 de junio de 2021

NOVOS DESCUBRIMENTOS

 Seguimos traballando no noso proxecto. 

Nesta ocasión investigamos sobre:

VENUS ATRAPAMOSCAS e NENÚFARES XIGANTES

Descubrimos que as venus atrapamoscas son unhas plantas carnívoras e que comen moscas, arañas... e formigas que son o seu alimento favorito. 

Non precisa ser replantada e florece cada ano. 

Observamos o vídeo para ver como atrapaban as plantas aos insectos.


Fixemos unha actividade na que contamos cantos insectos comeu.


A día de hoxe é a planta favorita de moitos dos nenos e nenas da nosa aula. 

Tamén traballamos sobre os nenúfares. 
Descubrimos que as súas flores teñen un tamaño como unha pelota de fútbol e que as follas poden superar os dous metros.  Para ver o grande que poden ser collimos un metro e medimos:


A flor dos nenúfares cambia de cor, xa que pola noite é rosa e polo día blanca. Ademais as súas follas están cheas de bolsiñas de aire, por iso mesmo utilizamos para pintar papel burbulla. 






CAL SERÁ A NOSA SEGUINTE INVESTIGACIÓN?







No hay comentarios:

Publicar un comentario