CEIP NOVO MESOIRO

jueves, 22 de abril de 2021

SEGUIMOS TRABALLANDO NO NOSO PROXECTO

 A nosa aula seguen chegando novos materiais para engadir no noso recanto. 


NOA S. trouxo UN LIBRO PRIMAVERAL

Ensinounos todo o que preparou e distintas follas e flores que manipulamos e coñecimos o seu nome. 

Trouxo un trevo de tres follas e prpuxemos un reto:

QUEN É CAPAZ DE ATOPAR UN TREVO DE CATRO FOLLAS PARA PODER PEDIR UN DESEXO?








JUAN trouxo o que coñecemos en castelán como HIERBABUENA ou menta. 
O descubrimos polo seu olor. 
Buscamos en internet como coidala e tamén as súas propiedades. 

Moitas mamás polo que me contaron os nenos e as nenas a toman en infusión despois de xantar!







ANXO presentounos o seu mural. 
Nomes de flores, un nenúfar e cómo facer para que medren fermosas as flores. 

O colgamos no corcho da nosa aula. 






Tamén nos trouxo un libro no que consultamos como coidar ben as flores e as plantas. 


ALBA trouxo flores secas


QUEREDES SABER QUE FIXEMOS CON ELAS?

Mirade mirade.....




Fixemos unha fotocopia coa nosa man e preparamos un fermoso cadro








Pero isto non foi todo.... como o venres celebrarémos o día do libro, imitamos a portada do libro FLORES de Hervé Tullet
O subiremos e colocaremos na árbore dos libros que está na biblioteca. 












   QUE VOS PARECEN OS NOSOS TRABALLIÑOS?






lunes, 19 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO

Esta semana é unha semana especial. 

Asemade de traballar sobre o noso proxecto AS FLORES, tamén coñeceremos aspectos sobre os libros, xa que é a SEMANA DO LIBRO no noso cole. 

Aproveitamos para facer unha visita a BIBLIOTECA, que este curso, dado a situación actual non podemos disfrutar como nos gustaría. 

Recibimos como agasallo o CARNET DA BIBLIOTECA, que nun futuro empregaremos para o préstamo de libros. 

Vimos os expositores, coñecimos as zonas da biblioteca, ... e tras unha breve reflexión decidimos:

QUE É UN LIBRO PARA NÓS?

O encargado escribiu a verba APRENDER.













 
 Aproveitamos para sacar unha fotografia no mural do DÍA DA MULLER TRABALLADORA.
 
Buscaron con moita ilusión as fotos das súas familiares.