Esta semana é unha semana especial.
Asemade de traballar sobre o noso proxecto AS FLORES, tamén coñeceremos aspectos sobre os libros, xa que é a SEMANA DO LIBRO no noso cole.
Aproveitamos para facer unha visita a BIBLIOTECA, que este curso, dado a situación actual non podemos disfrutar como nos gustaría.
Recibimos como agasallo o CARNET DA BIBLIOTECA, que nun futuro empregaremos para o préstamo de libros.
Vimos os expositores, coñecimos as zonas da biblioteca, ... e tras unha breve reflexión decidimos:
QUE É UN LIBRO PARA NÓS?
O encargado escribiu a verba APRENDER.
Aproveitamos para sacar unha fotografia no mural do DÍA DA MULLER TRABALLADORA.
Buscaron con moita ilusión as fotos das súas familiares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario