CEIP NOVO MESOIRO

lunes, 27 de septiembre de 2021

Canto peso?

 
O pasado curso traballamos algunhas nocións sobre o peso. 
Xa que estamos a traballar sobre o corpo, aproveitamos para coñecer o noso peso. 

En primeiro lugar traballamos con distintos obxectos, facendo estimacións, asociacións....
 
 
 
 
Pesámonose e pensamos:
Quen é o que máis pesa?
E o que menos?
Ten que ver o peso co tamaño?
 
 
Despois rexistramos os noso peso nunha folla e descubrimos que a unidade na que nos pesamos é o kilogramo. 
 
   
Aproveitamos para ordear os pesos dende o máis lixeiro ao máis pesado
 
Finalmete comprobamos con distintos obxectos o que pesaba máis e menos
 

viernes, 24 de septiembre de 2021

Parabens Izan

O noso compañeiro Izan estivo de aniversario. 

Fixemos a súa coroa, e elaboramos entre todos un libro de debuxos cos nosos mellores desexos. 
Antes diso, os seus compañeiros aproveitaron para dedicarlle a Izan unhas palabras:

Feliz cumpleaños
Te quiero mucho
Que cumplas muchos más



E como non podía ser menos escoitamos a canción de CUMPLEAÑOS FELIZ


QUE SEXAS MOI FELIZ IZAN!





Simetría con Monstruos

Comoben sabedes o comezo do curso comezou acompañado de MONSTRUOS, foi por iso que aproveitando que estamos traballando o corpo fixemos unha obra de arte partindo da simetría

Doblamos un folio, desdoblamos, botamos pintura, volvemos a doblar e desdoblar. 

Mirade o resultado:










Despois aproveitamos para poñer ollos, mans , brazos.... e convertir a estos MOSNTRUOS en pequenas criaturas terroríficas. 



martes, 21 de septiembre de 2021

O NOSO CORPO

  
 Na nosa aula comezamos a investigar sobre o corpo. 
Comezamos debuxando e coñecendo as súas partes, traballando así o noso esquema corporal. 

Aproveitamos tamén para aprender a describirnos e falar das nosas características: como son os nosos ollos, o noso pelo, a nosa boca...

Tamén comezamos a escribir o nome dalgunhas partes do noso corpo

 
Coa profe Belén coñecimos a historia de Ícaro un cadro de Matisse. 
Esta historia conta como ícaro, o fillo de Dédalo, recibiu unhas hermosas ás para poder volar. Dédalo contoulle que non podía voar moi preo do sol, pero non fixo caso e caeuse ao mar.  

Antes de recrear o cadro visualizamos partes do mesmo intuíndo que podería ser: Algúns nenos viron unha nube, outros un zapato, unha árbore, un trampolín.... deixando así voar libre a súa imaxinación ata descubrir finalmente de que se trataba.

Mirade que artistas!
 
 
Tamén aproveitamos para pintar con pincel as partes da nosa cara
 
 
Pero isto non é todo xa que seguimos avanzando e falando dos coñecementos previos que os nenos e as nenas teñen sobre o corpo:
 
Dentro del cuerpo tenemos un esqueleto. 
Tenemos venas. 
Hay pulmones y tripas. 
Tenemos cerebro y el cerebro es para acordare de las cosas. 
El corazón es para repirar y sin corazón no vivimos. 
Para respirar son los pulmnoes. 
Si no tienes corazón no vives. 
Los alienígenas tienen corazón . 
 
QUE OPINADES? Están no certo?
Comezamos a investigar.... 
 

 

Lóxica matemática divertida!

 
Despois duns días de adaptación é o momento de volver a traballar e lembrar conceptos. Non hai mellor xeito que facelo de forma manipulativa e libre .
 
 
 
Aquí podedes ver como traballamo.
Fixemos preguntas, sumamos, quitamos... 
 Asociamos número cantidade
 
 
 
  
 

lunes, 13 de septiembre de 2021

Preparamos os nosos manteis

Este comezo de curso tivemos que preparar os manteis para a merenda. 
A temática foron os monstruos

Pintamos, decoramos e.... LISTO!












Estou segura de que as merendas serán TERRORIFICAMENTE DELICIOSAS!

jueves, 9 de septiembre de 2021

BENVIDOS

 Comeza unha nova aventura e un novo curso cheo de ilusión. 

Para dar a benvida aos nenos e as nenas os monstruos dos equipos os estaban esperando. Ao longo do curso terán que coidalos. 

Cada equipo ten unha cor dun monstruo e o da profe Silvia e o monstruo rosa. Por iso hoxe comenzamos coa historia do conto EL MONSTRUO ROSA

Podedes ver aquí unhas fotiños da nosa aula











Hoxe contámonos como foi o verán, xogamos por equipos, traballamos coa plasti entre outras actividades. 
Tamén me contaron que foi o que máis lles gustou do verán:


























BENVIDOS!