CEIP NOVO MESOIRO

martes, 21 de septiembre de 2021

O NOSO CORPO

  
 Na nosa aula comezamos a investigar sobre o corpo. 
Comezamos debuxando e coñecendo as súas partes, traballando así o noso esquema corporal. 

Aproveitamos tamén para aprender a describirnos e falar das nosas características: como son os nosos ollos, o noso pelo, a nosa boca...

Tamén comezamos a escribir o nome dalgunhas partes do noso corpo

 
Coa profe Belén coñecimos a historia de Ícaro un cadro de Matisse. 
Esta historia conta como ícaro, o fillo de Dédalo, recibiu unhas hermosas ás para poder volar. Dédalo contoulle que non podía voar moi preo do sol, pero non fixo caso e caeuse ao mar.  

Antes de recrear o cadro visualizamos partes do mesmo intuíndo que podería ser: Algúns nenos viron unha nube, outros un zapato, unha árbore, un trampolín.... deixando así voar libre a súa imaxinación ata descubrir finalmente de que se trataba.

Mirade que artistas!
 
 
Tamén aproveitamos para pintar con pincel as partes da nosa cara
 
 
Pero isto non é todo xa que seguimos avanzando e falando dos coñecementos previos que os nenos e as nenas teñen sobre o corpo:
 
Dentro del cuerpo tenemos un esqueleto. 
Tenemos venas. 
Hay pulmones y tripas. 
Tenemos cerebro y el cerebro es para acordare de las cosas. 
El corazón es para repirar y sin corazón no vivimos. 
Para respirar son los pulmnoes. 
Si no tienes corazón no vives. 
Los alienígenas tienen corazón . 
 
QUE OPINADES? Están no certo?
Comezamos a investigar.... 
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario