O pasado venres 4 de xuño celebramos no noso cole o Día Mundial do Medio Ambiente, aínda que a conmemroación oficial é o día 5.
Aproveitamos para ver unha curtametraxe, escoitar unha canción, e falar do importante que é coidar o noso medio.
Tamén fixemos un debuxo coolaborativo onde escribimos as cousas que queremos DENTRO da Terra e as que non.
Mirade o noso debuxo:
Despois saímos a pintar o planeta terra que fixeron os nenos e nenas de cuarto de primaria. Axudámoslles e pintamos o POLO NORTE. Foi o momento no que descubrimos que por culpa da contaminación os polos estanse a derreter.
LEMBRADE!
É moi importante coidar o planeta!
No hay comentarios:
Publicar un comentario