A etapa de Educación Infantil ten como referente principal o XOGO
Na nosa aula, tratamos de profundizar sobre as nosas aprendizaxes a partir de xogos que nos permiten traballar distintos contidos.
Na rtuina da nosa aula, aproveitamos a maior parte dos días para facer algún xogo de mesa.
CARLA e NOA xogando a un dominó, no que teñen que unir as pezas iguais coas imaxes
LETIZIA aproveita para traballar a serie numérica
ANXO e LETIZIA establecen correspondecia de número con cantidade
LENA, ASDRUBAL e ISABEL traballan con pinchos a psicomotricidade fina.
Tamén aproveitamos a facer series seguindo un criterio dado.
Na asamblea aproveitamos para traballar a discriminación fonética e clasificar palabras coa risa das vogais
NOA e ROI aproveitan para coser e facer colares
ESTÁ CLARO QUE NON HAI NADA MÁIS DIVERTIDO QUE APRENDER XOGANDO.
SEMPRE NOS PARECE POUQUIÑO TEMPO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario