Hoxe e despois da asamblea, seguimos traballando sobre o Outono.
Chegou a nosa aula un cadro un pouco "especial".
Primeiro falamos do que era e moitos pensaron que era un paxariño!
Despois descubrimos que era un rostro no que os seus ollos, nariz, orellas.... eran froitos.
PERO QUE TIPO DE FROITOS?
FROITOS DE OUTONO
Así foi como descubrimos: cabazas, uvas, cogomelos, figos, castañas....
Pero tamén descubrimos ao seu autor que foi un pintor chamado:
ARCIMBOLDO
Aproveitamos para traballar sobre as cores típicas desta época do ano e clasificar posteriormente, froitos e o que obtemos dos mesmos.
Así ampliamos o noso vocabulario coñecendo os manxares do outono.
No hay comentarios:
Publicar un comentario