Un dos espazos más importantes da nosa aula é a ASAMBLEA.
A partir de hoxe contaremos cun ENCARGADO que pasará lista, mirara o tempo, revisará o calendario.... entre moitas outras tarefas.
Na asamblea falamos de como nos sentimos, dos nosos gustos e inquedanzas. Tamén cada día lembramos as normas que rixen a vida da nosa aula.
Espero que vos contasen que na nosa aula temos catro equipos:
EQUIPO VIOLETA
EQUIPO ROSA
EQUIPO VERDE
EQUIPO AZUL
Cada día na asamblea aproveitaremos para decidir a zona de xogo de cada equipo. Iremos compartindo fotografías dos espazos.
É o noso espazo para contar contos xunto coa canción máxica:
POIS IMOS CONTAR UN CONTO, UN CONTO MOI ESPECIAL!
Proximamente coñeceremos a Pitiña Carlota e os seus ovos máxicos para poñer nome aos días da semana. Pouco a pouco...
No hay comentarios:
Publicar un comentario