Aproveitamos para facer unha votación.
Escollimos a verba que máis nos gustou dos nosos/as compañeiros/as
Podedes ver que a cousa estivo moi igualada. Finalmente a elexida foi MEXACÁN
Moitas GRAZAS por participar.
Moitas cousas aprendemos!
Aproveitamos para facer unha votación.
Escollimos a verba que máis nos gustou dos nosos/as compañeiros/as
Estimadas familias, Co gallo da celebración do Día da muller, o 8 de marzo, propuxémonos facer un mural con fotografías das nais e avoas de cada un dos nenos/as do noso centro. Para a elaboración do mesmo, pedímosvos a vosa colaboración. Como? Cedéndonos unha fotografía vosa (nais e avoas) que terá como obxectivo a creación deste mural. As fotografías poderédesllas enviar en formato dixital ás titoras/es por correo electrónico. A data límite será o venres 5 de Marzo