CEIP NOVO MESOIRO

jueves, 11 de febrero de 2021

AVISO

 Mañá, día 12 de Febreiro é o día de vir disfrazados. Aproveito para avisar de que os nenos e as nenas non teñen que traer mandilón. 


Graciñas

DE QUE NOS GUSTARÍA DISFRAZARNOS?


Xa que este ano toca disfrazarnos de LÚA, pensamos de que outra cousa nos gustaría. 

Aproveitamos así para seguir traballando no noso esquema corporal e o recoñecemento das partes do noso corpo. Xa que este logro influirá en aprendizaxes posteriores. 

Tamén aproveitamos a partir da discriminación fonética a escribir o nome do noso disfraz. 

Mirade como estamos progresando!



























 

martes, 9 de febrero de 2021

Que estamos a facer?

 
 
O Entroido chegou ao noso cole. 
 
É o momento perfecto para traballar vocabulario e coñecer esta tradición. 
 
Aproveitamos para facer un xogo de palabras e tamén de memoria retirando as tarxetas coas que estivemos a traballar. 
Descubrimos letras, sons e sílabas. 
 
 
 
Tamén aproveitando a orde do luns do MECO fixemos o noso SOMBREIRO DE BUFÓN. 
 
 Foi unha actividade moi divertida e na que mesturamos moitas cores
 
 
 
 
Xa vos ensinaremos o resultado final: PICAR, PINTAR.... Canto traballo!