- Autorización para poder compartir fotos dos nenos e das nenas e que poidades ver distintas actividades que realizamos na aula
- LEMBRADE TRAER OS DNI DAS PERSOAS AUTORIZADAS PARA RECOLLIDA.
- Unha propuesta de actividade que parte do equipo de EDLG (Equipo de dinamización da Lingua Galega) propoñéndovos a participación nunha actividade na busca dunha verba. A nota é a seguinte:
Este ano, co gallo de
ampliar o noso vocabulario en galego, propoñemos dende as titorías, a
realización dunha actividade que se desenvolverá ao longo de todo o curso
2020-2021. Nesta, o alumnado levará a casa unha cuartilla de cartolina na que
deberá escribir unha palabra en galego coa súa correspondiente acepción ou
acepcións. A data de entrega será o último venres de cada mes. Cada palabra
tratarase na aula e, escollerase unha por curso para subir á web. Esta irá
acompañada dunha ilustración representativa. As palabras preténdese que sexan o
máis descoñecidas posible tendo en conta o nivel do alumnado. Nesta mesma liña,
pedimos a colaboración familiar xa que entendemos que os máis pequenos non
poderán realizar a actividade de forma autónoma.
Sen máis, moito ánimo e
adiante!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario