Hoxe na nosa aula aproveitamos para falar sobre o SAMAÍN
POR QUE CELEBRAMOS O SAMAIN?
O Samaín é unha festa de orixe celta.
Celébrase a noite do 31 de Outubro ao 1 de Novembro.
Servía como celebración final á tempada de colleitas.
Considerábase como o ANO NOVO CELTA e comezaba a época escura
Polo que e tras contarlle aos nenos e as nenas a orixe do SAMAÍN comezamos a falar sobre O MEDO. Asemade levamos unha bandexa de arañas a nosa aula, para falar sobre este insecto.
Aproveitamos para facer unha actividade matemática de clasificación e conteo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario