Celebramos o SAMAÍN no noso cole.
QUEREDES SABER COMO EMPEZOU O DÍA?
O noso cole e a nosa aula onte pola noite viviu cambios terroríficos
Cando chegaron os nenos e as nenas recibiron sustos dalgúns profes
Cando abrimos a porta descubrimos que a nosa aula estaba chea de tea de arañas, ollos brillantes, pantasmas.... Terrorífico!
Hoxe aproveitamos a facer distitnas actividades.
Comezamos a falar dos nosos medos.
E despois fixemos un XOGO DE PALABRAS
Primeiro tuvimos que descifrar tarxetas escondidas a partir de pistas para que os nenos e as nenas as adiviñaran.
Despois xogamos a coñecer as letras das palabras e facer xogo de memoria.
GATO, ZOMBIE, ARAÑA, PANTASMA ....
Despois acudiu a TEACHER SHEILA a clase e fixeron actividades super divertidas.
Cando remataron a terrorífica clase de inglés foi o momento de comezar a preparar as nosas coroas.
Queredes ver o proceso?
Entregamos as citas e as ás, pegamos os ollos, fixemos os colmillos e botamos purpurina:
e así quedamos todos e todas: MIRADE QUE GUAPOS E GUAPAS!
Despois fumos o recreo e voltamos a merendar, hoxe tocaban:
MERENDAS TERRORÍFICAS
TIÑAN UNHA PINTA DELICIOSA!
MMMMMMMM
Cando rematamos de merendar chegou o momento de pasar moito MEDO!!!!
Pois imos contar un conto, un conto moi especial, non sabemos de que trata máis pronto se sabera....
A BRUXA REGAÑADENTES ASUSTOU MOITO AOS NENOS E NENAS.
Pero tiñamos preparadas as nosas PANTASMAS para asustala.
Se non coñecedes a historia podedes acceder no seguinte enlace. é terrorífica!
Despois aproveitamos para sacar unha foto cada un coa profe para que nos quede de recordo.
Despois pintamos unha CALAVERA MEXICANA e puxemos brillantes moi chulos.
E así decimos adeus ao primeiro SAMAIN no CEIP DE NOVO MESOIRO
Espero que os peques chegaran moi contentos a casa e con un pouco de "medo"
No hay comentarios:
Publicar un comentario