O vindeiro 30 de Xaneiro conmemoraremos na nosa escola o Día Escolar da Non Violencia e da Paz,
é por iso que dende o noso centro traballaremos distintas actividades que irei compartido os próximos días.
Hoxe empezamos a coñecer a MALALA.
Escoitamos e visualizamos a súa historia. Aproveitamos a pantalla e pizarra dixital para poder ver moito mellor
Tamén falamos e opinamos da historia de Malala, e falamos do que faríamos se tivésemos un lápiz máxico.
Aproveitamos a escribir o seu nome con distintas técnicas:
Con tapóns
Con letras inmantadas
con pinzas
Con gomets
Tamén escribimos a verba PAZ e descubrimos que MALALA foi PREMIO NOBEL DA PAZ
Estamos tamén elaborando un mural para decorar a nosa aula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario