Seguimos traballando e investigando no noso proxecto de traballo de A qué sabe a lúa?
Nesta ocasión comprendimos que o noso corpo pesa seis veces menos na superficie lunar, pero tamén traballamos sobre a teoría de Galileo Galilei.
Experimentamos se un corpo pesado tardaba menos en chegar ao chan que un corpo lixeiro. Para iso tiramos papeis e outros obxectos. Descubrimos o que acontecía na lúa.
Falamos das viaxes lunares, do primeiro home en pisar a lúa e a primeira muller.
Neil Armstrong
Valentina Thereskova
Tamén decidimos facer despegar ao noso foguete espacial, traballando a conta atrás. Visualizamos imaxes sobre o Apolo XI e descubrimos que o foguete espacial tardará en chegar a lúa 3 días.
Coa técnica de traballo cooperativo mirade os foguetes dos distintos equipos
Que ben senta traballar ao aire libre!
No hay comentarios:
Publicar un comentario