CEIP NOVO MESOIRO

jueves, 8 de abril de 2021

HERVÉ TULLET

A volta das vacacións e tras o cambio dos equipos de mesa chegou a nosa aula o libro de Hervé Tullet



É un dos libros da nosa clase que máis nos gusta, xa que é moi interactivo e soamente precisamos das nosas mans e da nosa imaxinación. Así aproveitamos para traballar tamén o desenvolvemento cognitivo




Empezamos traballando as sserie, primeiro cos tapóns que gardamos das nosas merendas e a continuación con circulos das cores que aparecen no libro.  Comezamos a facer series de tres atributos. 










Despois de traballar conceptos matemáticos, foi o momento de traballar a competencia artística. Para iso, deseñamos os círculos con distintas técnicas: estampación, coas nosas mans...










Este foi o resultado:



A nosa aula tamén chegou un novo xogo do mesmo autor. Traballamos así conceptos espaciais, a  creatividade facendo distintos camiño e un xogo de memoria














Pero... isto non foi todo!
Afianzamos a psicomotricidade fina seguindo os camiños dos círculos. 





Seguiremos....!













No hay comentarios:

Publicar un comentario