CEIP NOVO MESOIRO

lunes, 19 de abril de 2021

PROXECTO AS FLORES: PRIMEIRAS INFORMACIÓNS.

 O noso proxecto empeza a ter forma, xa que partimos do QUÉ SABEMOS? e do QUÉ QUEREMOS SABER?. 

Fixemos un debuxo sobre as concepcións previas que temos sobre as flores e colocamos as cousiñas que foron chegando no recanto específico que temos na nosa aula. 





Alba trouxo unha flor na que sinalou as súas partes. Contounos que a fixo coa axuda do seu irmán.

 
Carla, fixo un debuxo, sinalando as partes da flor e contándonos que necesitan auga e sol para poder vivir. 

 
Lena tamén se animou a participar e trouxo unha planta chamada CLAVELINA e indicounos como a temos que coidar. 

 
Aproveitamos para coñecer outras plantas e situar as súas partes. 








 
Tamén escribimos os nomes das partes da flor con tapóns, traballando así o proceso lectoescritor. 




 
Seguimos traballando e investigando como crecen as plantas, para iso fixemos unha actividade na que picamos e ordenamos o proceso.
 

 
 
Ao día seguinte, Antia trouxo sementes e vasiños para os distintos grupos. 
Puxémonos mans a obra e plantamos as nosas flores. 
Manipulamos a terra, observamos as sementes, botamos auga....
 
 
 



















 
Cada grupo ten o seu vasiño e é responsable de coidar a súa planta.


Pero isto non foi todo.... o mesmo día en que plantamos, chegaron máis cousiñas ao noso recanto:
 
 
Aroa axudará nas nosas investigacións cun libro titulado INVENTARIO DE FLORES, onde podemos consultar moita información que imos a traballar.
 

 
Iria falounos da LAVANDA, vimo as súas propiedades e faremos proximamente unha infusión, para coñecer moitras outras propiedades das flores.


 
E Roi que é todo un artista fixo un fermoso lienzo 



 


CAL SERÁ A NOSA PRÓXIMA INVESTIGACIÓN?




No hay comentarios:

Publicar un comentario