CEIP NOVO MESOIRO

lunes, 3 de mayo de 2021

REGLETAS DE CUISENAIRE

Chega un novo material a nosa clase:

REGLETAS DE CUISENAIRE


As regletas son un material matemático para traballar a descomposición numérica e iniciarse en actividades de cálculo. 

O primeiro que fixemos foi XOGO LIBRE.

Mediante o xogo libre os nenos e as nenas familiarizáronse coas regletas. 
Manipularon, contruiron, deseñaron, clasificaron...  









Mirade qué imaxinación!


Aproveitamos este momento para facer preguntas de tipo:

Son todas as regletas iguais?
En que se diferencian?
En que se parecen?


Ao seguinte día aproveitamos a pedir que colleran UNHA E SO UNHA de cada COR
Despois pedimos que a ordearan da máis pequena a máis grande. 












Aproveitamos tamén para profundizar no coñecemento do número a partir do seguinte conto:


Empregamos unha cadea de boliñas para traballar conceptos matemáticos. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario