CEIP NOVO MESOIRO

lunes, 29 de noviembre de 2021

25 N e DEREITOS DOS NENOS/AS

 O 25 N conmemoramos o Día Internacional en contra da violencia de xénero. 

Cos nenos e nenas da nosa aula decidimos traballar a partir da canción de Rozalen "La puerta violeta", para así contar como un monstruo gris non trataba ben a unha muller que cando conseguíu escapar puido cantar, rir e bailar. 



Reflexionamos, falamos e tamén pensamos. Escoitamos contos e historias aportados pola biblioteca do noso centro e conxuntamente elaboramos unhas bolboretas para facer un mural en contra de todo tipo de violencia.






Tamén fixemos uns elefantes nos que escribimos NON A VIOLENCIA!







Coincidiu tamén a conmemoración dos DEREITOS DOS NENOS/AS, aproveitamos para lembrar os mesmos a partir do conto que XUNTOS realizamos o curso pasado. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario