Benqueridas familias,
Adxunto a carta escrita polos nenos e nenas da aula.
Aproveitamos para pedirvos axuda, xa que iniciaremos unha viaxe polos distintos continentes ata o final de curso. Iremos percorrendo lugares, zonas, coñecendo culturas e aspectos propios.
Comezaremos dende cero. Investigando sobre os continentes, onde vivimos, onde nos situamos e emprenderemos a nosa primeira viaxe aos polos. Polo Norte e Polo Sur.
Vos pedimos se nos podedes axudar a investigar sobre os CONTINENTES. Como ben sabedes podedes traer materiais feitos polos nenos e nenas, contos, revistas, información, todo o que consideredes que nos pode axudar para crear un recanto propio. Máis adiante vos escribiremos dos lugares que estamos a coñecer.
Moitas grazas
No hay comentarios:
Publicar un comentario