Acudimos a biblioteca da nosa escola a buscar recursos sobre a poetisa galega e vimos o libro que elaboramos o curso pasado.
Lembramos aspectos da súa vida, vimos a súa casa, as súas obras e tamén a importancia e relevancia que ten unha muller como Rosalia de Castro.
Fixemos un retrato para decorar a porta da nosa aula e espazos do centro.
Elaboramos un marcapáxinas polo seu aniversario, que tras novas investigación concluiron que Rosalia de Castro naceu un 23 de FEBREIRO.
Coñecimos poemas de Follas Novas e de Cantares Galegos, dúas das obras máis significativas da autora.
Tamén aproveitando coa intervención nos premios Goya de Luz Casal, escoitamos o poema de NEGRA SOMBRA.
Escoitamos tamén:
Conxuntamente na nosa escola elaboramos o seguinte vídeo:
https://drive.google.com/file/d/1ahhkgNgGotUql5Ee4VgKB776p_9Ia6fE/view
PODEDES VISUALIZALO NA PÁXINA WEB DO CEIP NOVO MESOIRO
No hay comentarios:
Publicar un comentario