CEIP NOVO MESOIRO

jueves, 11 de marzo de 2021

FOGUETE ESPACIAL

 

Seguimos traballando e investigando no noso proxecto de traballo de A qué sabe a lúa?

Nesta ocasión comprendimos que o noso corpo pesa seis veces menos na superficie lunar, pero tamén traballamos sobre a teoría de Galileo Galilei.
Experimentamos se un corpo pesado tardaba menos en chegar ao chan que un corpo lixeiro. Para iso tiramos papeis e outros obxectos. Descubrimos o que acontecía na lúa. 


Falamos das viaxes lunares, do primeiro home en pisar a lúa e a primeira muller. 

Neil Armstrong
Valentina Thereskova

Tamén decidimos facer despegar ao noso foguete espacial, traballando a conta atrás. Visualizamos imaxes sobre o Apolo XI e descubrimos que o foguete espacial tardará en chegar a lúa 3 días.


Coa técnica de traballo cooperativo mirade os foguetes dos distintos equipos













Que ben senta traballar ao aire libre!

lunes, 8 de marzo de 2021

8M

 Hoxe é 8M.

Unha data marcada no noso calendario.

    Dende o EQUIPO DE BIBLIOTECA do noso cole, ao igual que no resto das conmemoracións, cada aula tivo que traballar a un representante.

Neste caso, a nosa aula traballou sobre FRIDA KAHLO.

Coñecimos a súa vida e a súa historia. 

Tamén comprendimos que Frida pintaba as cousas que a ella lle importaban.

Decidimos entre todos e de xeito cooperativo pintar a Frida, escribimos o seu nome e a data 8M







Tamén aproveitamos con distitnas pezas a facer unha composición para poñer na árbore do noso centro. 




No día de hoxe, escribimos palabras como:
VALIENTE
FORTE
LISTA
COIDADO
IMPORTANTE

Palabras que definen as nosas mulleres. Aproveitamos tamén para debuxar a nosa muller favorita. 

Na páxina do cole podedes acceder a recomendacións lectoras. 




PARABÉN ANXO


Celebramos o aniversario de Anxo. 

Estaba moi emocionado e decidiu realizar a súa coroa da súa cor prefereida, o amarelo


Aproveitamos para facer unha gran festa e bailar




Elaboramos o seu libro de debuxos cos nosos mellores desexos


Aproveitamos para "soprar" a nosa tarta de plastilina



Estamos desexando que remate o virus para poder compartir cos nosos amiguiños/as un trozo de tarta, a favorita por maioría foi a de chocolate.