CEIP NOVO MESOIRO

jueves, 8 de abril de 2021

INICIO PROXECTO: AS FLORES

 É tempo de comezar un novo proxecto. 

Para iso é moi importante ter en conta os intereses dos nenos e as nenas. Por iso na asamblea preguntamos sobre QUÉ QUEREMOS APRENDER?. 

Tras dar a súa opinión os nenos falaron sobre centros de interese como os castelos, os leopardos, a Antartida.... e tamén as frores e os unicornios. 

Como os dous últimos foron os máis repetididos, decidimos facer unha VOTACIÓN:







Como podedes ver:

UNICORNIOS: 9

FLORES: 9

Así que decidimos que para desempatar votaría a profe Nieves, e ela, elixiu as frores. 

A partir dese momento creamos un novo recanto de investigación na nosa aula e aproveitamos o noso corcho para pegar:

O QUE SABEMOS?

QUE QUEREMOS SABER?




É  o momento de buscar información para dar respostas as preguntas. Por iso decidimos pedir axuda as familias escribindo unha carta para que poidades compartir con nós os vosos coñecementos. Pasara a formar parte do noso recanto e do noso panel de investigación. 










HERVÉ TULLET

A volta das vacacións e tras o cambio dos equipos de mesa chegou a nosa aula o libro de Hervé Tullet. 



É un dos libros da nosa clase que máis nos gusta, xa que é moi interactivo e soamente precisamos das nosas mans e da nosa imaxinación. Así aproveitamos para traballar tamén o desenvolvemento cognitivo. 




Empezamos traballando as sserie, primeiro cos tapóns que gardamos das nosas merendas e a continuación con circulos das cores que aparecen no libro.  Comezamos a facer series de tres atributos. 










Despois de traballar conceptos matemáticos, foi o momento de traballar a competencia artística. Para iso, deseñamos os círculos con distintas técnicas: estampación, coas nosas mans...










Este foi o resultado:



A nosa aula tamén chegou un novo xogo do mesmo autor. Traballamos así conceptos espaciais, a  creatividade facendo distintos camiño e un xogo de memoria. 














Pero... isto non foi todo!
Afianzamos a psicomotricidade fina seguindo os camiños dos círculos. 





Seguiremos....!













PARABÉN IRIA E XES!

  O pasado mes de marzo celebramos outros dous aniversarios na nosa clase. 

Nesta ocasión XES e IRIA sopraron a vela do número 5. Xa son super maiores. 

Como con todos/as os nenos e as nenasaproveitamos para facerlle un agasallo cos nosos debuxos, a súa coroa e unha gran festa.