CEIP NOVO MESOIRO

martes, 21 de septiembre de 2021

O NOSO CORPO

  
 Na nosa aula comezamos a investigar sobre o corpo. 
Comezamos debuxando e coñecendo as súas partes, traballando así o noso esquema corporal. 

Aproveitamos tamén para aprender a describirnos e falar das nosas características: como son os nosos ollos, o noso pelo, a nosa boca...

Tamén comezamos a escribir o nome dalgunhas partes do noso corpo

 
Coa profe Belén coñecimos a historia de Ícaro un cadro de Matisse. 
Esta historia conta como ícaro, o fillo de Dédalo, recibiu unhas hermosas ás para poder volar. Dédalo contoulle que non podía voar moi preo do sol, pero non fixo caso e caeuse ao mar.  

Antes de recrear o cadro visualizamos partes do mesmo intuíndo que podería ser: Algúns nenos viron unha nube, outros un zapato, unha árbore, un trampolín.... deixando así voar libre a súa imaxinación ata descubrir finalmente de que se trataba.

Mirade que artistas!
 
 
Tamén aproveitamos para pintar con pincel as partes da nosa cara
 
 
Pero isto non é todo xa que seguimos avanzando e falando dos coñecementos previos que os nenos e as nenas teñen sobre o corpo:
 
Dentro del cuerpo tenemos un esqueleto. 
Tenemos venas. 
Hay pulmones y tripas. 
Tenemos cerebro y el cerebro es para acordare de las cosas. 
El corazón es para repirar y sin corazón no vivimos. 
Para respirar son los pulmnoes. 
Si no tienes corazón no vives. 
Los alienígenas tienen corazón . 
 
QUE OPINADES? Están no certo?
Comezamos a investigar.... 
 

 

Lóxica matemática divertida!

 
Despois duns días de adaptación é o momento de volver a traballar e lembrar conceptos. Non hai mellor xeito que facelo de forma manipulativa e libre .
 
 
 
Aquí podedes ver como traballamo.
Fixemos preguntas, sumamos, quitamos... 
 Asociamos número cantidade
 
 
 
  
 

lunes, 13 de septiembre de 2021

Preparamos os nosos manteis

Este comezo de curso tivemos que preparar os manteis para a merenda. 
A temática foron os monstruos

Pintamos, decoramos e.... LISTO!












Estou segura de que as merendas serán TERRORIFICAMENTE DELICIOSAS!