CEIP NOVO MESOIRO

lunes, 19 de abril de 2021

APRENDER XOGANDO

Non hai nada máis divertido que aprender xogando. 

Xogamos ao dominó: buscando as pezas iguais, aproveitamos trociños de madeira para ascociar número cantidade. 


                             

Aproveitamos a traballar a psicomotricidade fina facendo camiños 

                              

Recreamos imaxes con distintas pezas, traballando nocións espaciais.

Concentrámonos facendo montañas de pedras

 

Empregamos pompóns para seguir modelos, traballando así distintos conceptos. 



Facemos seriacións con animaliños seguindo o modelo


                             

Clasificamos según as cores potenciando a psicomotricidade fina


Deseñamos camiños














 

PROXECTO AS FLORES: PRIMEIRAS INFORMACIÓNS.

 O noso proxecto empeza a ter forma, xa que partimos do QUÉ SABEMOS? e do QUÉ QUEREMOS SABER?. 

Fixemos un debuxo sobre as concepcións previas que temos sobre as flores e colocamos as cousiñas que foron chegando no recanto específico que temos na nosa aula. 





Alba trouxo unha flor na que sinalou as súas partes. Contounos que a fixo coa axuda do seu irmán.

 
Carla, fixo un debuxo, sinalando as partes da flor e contándonos que necesitan auga e sol para poder vivir. 

 
Lena tamén se animou a participar e trouxo unha planta chamada CLAVELINA e indicounos como a temos que coidar. 

 
Aproveitamos para coñecer outras plantas e situar as súas partes. 








 
Tamén escribimos os nomes das partes da flor con tapóns, traballando así o proceso lectoescritor. 




 
Seguimos traballando e investigando como crecen as plantas, para iso fixemos unha actividade na que picamos e ordenamos o proceso.
 

 
 
Ao día seguinte, Antia trouxo sementes e vasiños para os distintos grupos. 
Puxémonos mans a obra e plantamos as nosas flores. 
Manipulamos a terra, observamos as sementes, botamos auga....
 
 
 



















 
Cada grupo ten o seu vasiño e é responsable de coidar a súa planta.


Pero isto non foi todo.... o mesmo día en que plantamos, chegaron máis cousiñas ao noso recanto:
 
 
Aroa axudará nas nosas investigacións cun libro titulado INVENTARIO DE FLORES, onde podemos consultar moita información que imos a traballar.
 

 
Iria falounos da LAVANDA, vimo as súas propiedades e faremos proximamente unha infusión, para coñecer moitras outras propiedades das flores.


 
E Roi que é todo un artista fixo un fermoso lienzo 



 


CAL SERÁ A NOSA PRÓXIMA INVESTIGACIÓN?