CEIP NOVO MESOIRO

jueves, 12 de noviembre de 2020

AVISOS: Dereitos da Infancia

 

Estimadas familia, o próximo 20 de Novembro conmemórase o Dia Universal da Infancia.  

É por iso que preciso a vosa colaboración. Dado que este curso é un curso “especial”  gustaríame que xuntos  (na distancia) elaborásemos un libro cos dereitos.

Cada familia terá asignado un dereito (algún estará repetido). Do que se trata é de que ao longo da semana, podades traballar sobre ese dereito cos nenos e as nenas na casa, e o plasmedes nunha cartolina (enviarei a cartolina co dereito asignado). Podedes facer un debuxo, compartir unha imaxe, unha explicación, unha actividade plástica.... O que vos prefirades e sobre todo que os pequenos/as coñezan e saiban explicarlle aos seus compañeiros/as o que fixeron.

Con todos os dereitos elaboraremos un libro: O LIBRO DOS NOSOS DEREITOS que pasaremos a gardar na biblioteca da nosa aula.  

O prazo máximo de entrega é o próximo XOVES día 19.

Un cordial saúdo,

A profe Silvia




Espero que vos guste a actividade e que participedes. Ensinareivos o resultado final!

No hay comentarios:

Publicar un comentario