Todos os días seguimos unha RUTINA DE ASAMBLEA
Cada día eliximos un ENCARGADO ou ENCARGADA, que terá entre as súas tarefas as seguintes:
Contarános como se sinte, aproveitando para falar das emocións que sentimos o resto, se estamos enfadados, contentos ou preocupados.
Aproveitamos para compoñer o nome con letras inmantadas, contar as letriñas e ver o número de sílabas.
Tamén traballamos o esquema corporal mentras nos debuxamos.
O encargado pasa lista todos os días, indicando que nenos e nenas quedaron na casiña ou están no cole. Poñen a súa pinza no nome e aproveitamos para darnos os bos dias.
Contamos cantos estamos, cantos quedaron na casa e cantos somos en total.
Tamén decidimos a que recanto vai cada equipo. Tendo dispoñibles polo momento:
RECANTO DE XOGO SIMBÓLICO
RECANTO DE CONSTRUCCIÓNS
RECANTO DE XOGOS DE MESA
RECANTO LÓXICA MATEMÁTICA
RECANTO DOS CONTOS
A partir do conto A PITIÑA CARLOTA abrimos o OVO DO DÍA para saber en que día estamos.
Traballamos conceptos como: HOXE, ONTE E MAÑÁ.
Rexistramos no calendario o día no que estamos, rodeando o número e colocando o mes, e ano.
Falamos das carcaterísticas da estación e cantamos a canción dos meses do ano:
Miramos o tempo atmosférico e facemos clasificacións para ao final de mes contabilizar que días fixo sol, choveu, estivo nublado...
No hay comentarios:
Publicar un comentario